martes, 15 de mayo de 2018

LECTOR@S DA ULLOA

  Nos meses de marzo e abril no club de lectura de nais/pais e profesorado lemos dous libros.
     En castelán lemos Más allá del invierno, de Isabel Allende.

 


   En xeral, o que nos resultou máis interesante foi a historia pasada dos protagonistas, que van recordando a súa vida ao tempo que na actualidade viven unha aventura cando o azar os reúne aos tres. O que máis sobresae dese pasado é a violencia que marca a súa existencia e a historia de moitos países de América Latina.
   É unha novela que resulta fácil de ler, pero en xeral coincidimos en que preferimos as primeiras obras de Isabel Allende, como La casa de los espíritus, Eva Luna ou De amor y de sombra...
   A lectura desta novela orixinou un interesante debate sobre o azar, sobre a causalidade e a casualidade.






                                                                  En galego lemos Anagnórise, de María Victoria Moreno.

  




   Esta novela servíu para que moitos de nós coñecésemos a esta escritora á que se lle adica o Día das Letras Galegas neste ano 2018.
    Destacamos desta obra como o protagonista se vai descubrindo a si mesmo ao longo da viaxe que emprende en autostop cara Madrid. Este descubrimento é posible grazas á muller que o recolle no seu coche, que constantemente lle lanzaba "dardos" para facelo reaccionar.
     

No hay comentarios:

Publicar un comentario