miércoles, 29 de noviembre de 2017

SIMONE SAIBENE PRESENTA PELERINAXES

   O día 28 de novembro o produtor, guionista e director de cine Simone Saibene presentou a súa película Pelerinaxes no IES de Monterroso. Mantivo unha charla co alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato sobre cine e, máis concretamente, sobre a rodaxe de Pelerinaxes, que en parte se realizou na propia vila de Monterroso.




DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

   O xoves 23 de novembro tivo lugar no IES de Monterroso un acto rexeitando a violencia de xénero.
Participaron os alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP de Monterroso e os de 1º e 2º de ESO do IES.
   A actividade foi coordinada polos dous centros educativos da vila e contou coa colaboración do Concello de Monterroso.





martes, 28 de noviembre de 2017

LENDO NO MES DE NOVEMBRO

   Neste mes de novembro, no club de lectura de adultos do IES de Monterroso (Lector@s da Ulloa), lemos a novela de Catherine Banner titulada La isla de las mil historias.


  Nela observamos como a Historia de Europa e do mundo se reflicte nunha pequena illa italiana, situada preto de Sicilia.  A ese lugar remoto chegan tamén as transformacións que se producen ao longo do século XX, dende a I Guerra Mundial, ata a crise económica do século XXI.
   Entre as valoracións que se fixeron en Lector@s da Ulloa destacarían as seguites: " a medida que se realiza a lectura, imos lembrando o noso propio pasado", "fai unha crítica ao capitalismo", "destaca como os personaxes se ven condicionados polo feito de vivir nun lugar pequeno, onde é fundamental a axuda entre veciños, pero tamén a falta de privacidade xa que a vida de cada un está en boca dos demais"...
   Unha novela recomendable, sen dúbida.

miércoles, 22 de noviembre de 2017

CONCURSO DE POSTAIS E RELATOS DE NADAL

   Como todos os anos, o equipo de Bibilioteca, en colaboración con Dinamización Lingüística, vén de convocar un concurso de relatos e postais de Nadal.
   Premiaranse os dous mellores relatos e as dúas mellores postais. A entrega de premios terá lugar o día 21 de decembro, no Festival de Nadal.

miércoles, 15 de noviembre de 2017

SAMAÍN

    No IES de Monterroso non esquecemos conmemorar o Samaín. 
    Os/as alumnos/as de 1º ESO B expuxeron unhas postais que realizaron nas clases de Educación Plástica. Estas postais serviron para ambientar o vestíbulo do instituto, xunto cos traballos que elaborou o alumnado de Investigación e Tratamento da Información, sempre coa colaboración dos Departamentos de Lingua Galega, Normalización Lingüística e Vicedirección.



Na Biblioteca entregáronse os premios do concurso de relatos de "terror na biblioteca". A gañadora, Cecilia Mato Serén, de 1º ESO, leu aos compañeiros/as o seu conto.






martes, 14 de noviembre de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS

   O día 24 de outubro celebrouse o Días das Bibliotecas. Para conmemoralo, a Biblioteca do IES de Monterroso organizou diferentes actividades en colaboración co Departamento de Educación Plástica e Vicedirección.
  Os alumnos de 4º de ESO prepararon un mural no que todos os seus compañeiros poden explicar cunha frase as razóns polas que lles gusta a biblioteca.
   Para ambientar o vestíbulo, creáronse bibliotecas con libros, co eslogan "As bibliotecas iluminan os teus soños".





    Finalmente, tamén se convocou un concurso de relatos de "terror na biblioteca". Os tres mellores contos serán merecedores dun premio e publicaranse na revista do instituto. Ademais, o/a gañador/a fará unha lectura pública da súa narración na biblioteca.  

miércoles, 21 de junio de 2017

INTERCAMBIO CO IES "ENRIQUE MURUAIS" DE A PONTENOVA



CRÓNICA DUN INTERCAMBIO

23/05/2017. Desprazamento á Pontenova do alumnado dos clubs de lectura do IES de Monterroso. Presentación ó alumnado de Monterroso do máis suliantable da comarca: Arte, festas, cultura, economía…Encontro, diálogo, intercambio de opinión e experiencias con Sabela Núñez Singala, profesora no centro, e autora do libro O agasallo de Anya, libro que leramos nos clubs de lectura de ambos centros. Ruta de senderismo á carón do río Eo e xantar compartido na área de Saldoira. Visita ó Museo da Pesca e ós Fornos da minería do século pasado.
01/06/2017. Visita do alumnado dos clubs de lectura do IES de a Pontenova a Monterroso. Presentación por parte do alumnado de Monterroso ós seus visitantes do máis característico da comarca (Antas e Monterroso): Arte, historia, cultura, festas, deporte, economía,….. Visita á empresa Alibós, de elaboración e transformación de castañas. Percorrido da ruta de senderismo “a pena do corvo”, que nos levou á presa de cría de troitas para repoñer no coto intensivo da Ulloa, e á área recreativa de A Peneda, onde compartimos o xantar. Visita ó Castelo de Pambre, en Palas de Rei.




LER TAMÉN NO VERÁN

Suxerencias de lecturas para este verán.




NON FERIR. MATERIAL SENSIBLE

GUÍA DE LECTURAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO





viernes, 13 de enero de 2017

GUÍA DE LECTURAS

ESPECIAL PROFESORADO
Recollemos nesta guía os derradeiros materiais que chegaron á biblioteca dirixidos sobre todo ó profesorado.


LER NO NADAL

UN NADAL DE CONTOS
Entre os días 12 e 21 de decembro sacamos á entrada do IES todos os exemplares de contos(ou case que todos) que temos na Biblioteca. A partir de ahí elaboramos unha Guía de Lectura para o Nadal, "Un Nadal de fantásticos contos".