jueves, 30 de abril de 2015

VISÍTANOS MARÍA REIMÓNDEZ

O 28 de abril estivo no noso instituto a escritora María Reimóndez. Á súa charla-conferencia asistiron todo o alumnado de 1ª ESO, os/as alumnos/as, pais/nais/profesores/-as dos diferentes Clubs de Lectura que hai no centro.

Comezou confesándonos que nas súas obras hai moitas situacións que se refiren á súa propia existencia, que dende nena quixo ser escritora e tivo a sorte de contar co apoio incondicional da súa familia, que a literetura é un instrumento para coñecer a realidade e ao mesmo tempo pode servir para cambiar todo o que non nos guste dela...

Na charla, segundo foi contestando ás curiosas preguntas dos alumnos/-as, e tamén dos demais asistentes, fomos coñecéndoa un pouco mellor. Así soubemos que escribía á man, en calquera lugar (no autobús, no tren..), iso si, case sempre planificando as historias con anterioridade. Tamén nos contou que estaba moi satisfeita por poder desenvolver moitos labores ao mesmo tempo : tradutora, intérprete, escritora en galego, activista feminista, implicada en proxectos de desenvolvemento a favor da superación da discrinminación de xénero e ,que o faría “mentres o corpo aguante”.
Fixo unha defensa da nosa lingua, dixo que escribía en galego “porque escribo para vós, para nós” e fixo fincapé na facilidade de aprender unha lingua a partir doutra xa coñecida.
Animou oas rapaces e rapazas que escribiran se iso era o que lles gustaba e que deran a ler os seus escritos .

Adiantounos que xa tiña preparados outros dous libros, un deles que se publicaría en pouco tempo.
Os seus lectores/as estamos desexando poder lelos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario