martes, 27 de enero de 2015

LIBRO ESTRELA DA SEMANA

Filomea, responsable do espacio "Libro Estrela", recoméndanos tres libros, que veñen de pasar por ese escaparate do Instituto. Son libros que tamén estamos a ler nos Clubs de Lectura.


corredores de sombras
                de    Agustín Fernández Paz
" A memoria ábrenos luminosos corredores de sombras"
  No pazo dos Soutelo aparece un cadáver, emparedado, e cun burato de bala na cabeza.
Clara Soutelo, de só 16 anos, trata de descubrir o que aconteceu e a quen pertence o cadáver.
 Unha vez máis Agustín Fdez Paz recorre ás características da súa obra: misterio, mortos, a guerra civil e as súas consecuencias, amor, memoria e recordo, mestres, avós, ...

 RETRATO DE UN ADOLESCENTE MANCHADO
   Un avogado ten que defender a un rapaz, acusado de matar a súa nai.
Todo apunta a que foi el o asasino, pero el di que non.
   Descubrir ao asasino levará ao avogado a descubrir algo do seu pasado.
    Un libro moi sinxelo, fácil de ler, e   cunha boa dose de intriga e misterio

Usha
   Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia, nunha vila da India cando estivo alí acompañando a súa nai, membro dunha ONG . Alí coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela.
    
    Usha, unha novela sinxela, curta e  emocionante que  permite aos lectores coñecer outra  cultura e  visión da vida nunha comunidade popular da India.




No hay comentarios:

Publicar un comentario