martes, 29 de abril de 2014

85 anos con Tintin



O reporteiro máis famoso cumpliu este ano 85 anos desde que fixera a súa primeira aparición en xaneiro do ano 1929. O personaxe de Hergé é o máis recoñecido do comic europeo.

Tintín é  un periodista intelixente e curioso, convertido en detective cuxa búsqueda de viláns, criminais e de tesouros o leva ao longo de todo o mundo. Hergé baseou as súas  historias en feitos do mundo real e en culturas diversas.


"Las Aventuras de Tintin" reúne  un total de 24 álbumes.O 10 de enero de 1929 Hergé publicou por entregas por primeira vez en Le Petit Vingtième. A primeira aventura de Tintin foi unha viaxe a URSS. A esta aventura sumáronse "Tintin en el Congo", "Tintin en América", "Los cigarros del faraón", "La isla negra" entre outros.

Aquí Tintin visita Inglaterra e Escocia

Un sinfin de carismaticos personaxes acompañan a Tintin nas súas  aventuras como o capitán Haddock, o profesor Tornasol, os detectives Hernández e Fernández e a  cantante Bianca Castafiore.

As aventuras destes personaxes están  ambientadas en escenarios reais dos cinco continentes, e en lugares imaxinarios creados por Hergé, tales como Syldavia ou San Theodoros.

Cristina de Plástica e o seu alumnado expoñen estes días no hall principal do IES de Monterroso un percorrido sobre  as
aventuras de Tintin e o seu inseparable Milu.



"Tintin en el Congo" desde unha perspectiva moi colonialista

No hay comentarios:

Publicar un comentario