lunes, 3 de febrero de 2014

Lector@s da Ulloa: Farenheit 451

Fahrenheit 451 é unha obra de Ray Bradbury publicada en 1953. O título fai referencia á temperatura na escala de Farenheit á que o papel dos libros inflámase e arde, equivalente a 233º C. En 1966 foi levada ao cine a película do mesmo título dirixida polo cineasta francés François Truffaut.

Bradbury imaxina unha sociedade  na que os bombeiros teñen a misión de queimar libros xa que o goberno do país impide pensar. Este goberno vela polos cidadáns para que sexan felices. Deste xeito non cuestionan as súas accións e os cidadáns renden mellor nas súas labores. Montag é un deses bombeiros e a súa vida cambia cando coñece a Clarisse, unha rapaza que xenera dúbidas sobre a súa felicidade.

Farenheit 451 é unha utopía apocalíptica e unha das obras clave da literatura norteamericana de ciencia ficción e unha das obras de obrigada lectura do século XX.

No hay comentarios:

Publicar un comentario