martes, 4 de febrero de 2014

Cadro estrela da semana: "A virxe do chanceler Rolin"


"A virxe do Chanceller Rolin" trátase dunha pintura primitiva flamenca do s. XV. O seu autor é Jan Van Eyck.
O cadro recolle o momento en que o Chanceler ora á virxe María. É un retrato, xénero novedoso a finais da Idade Media que terá unha gran importancia no Renacemento. Trátase dunha temática relixiosa pero aparece desacralizada, os personaxes atópanse nunha estancia do século XV e visten ropaxes contemporáneos moi luxosos.


O Chanceller Rollin foi  un home de orixe relativamente modesta que chegou a acadar fortuna. Diplomático influínte, era o home de confianza do duque de Borgoña, e encargou este retrato coma imaxe privada de devoción. Era coñecido polas súas dotes políticas, pero tamén pola súa vaidade, que queda demostrada polo feito de aparecer fronte a Virxe nunha posición de igual a igual.
Aparece representado invadindo o espacio da Virxe, sen distancia nin separaciónxerarquica: o doante ricamente vestido de xeonllos nun reclinatorio, interrompe a súa oración para mirar a Virxe, coroada por un anxo, que sostén ao neno Xesús, que bendice ao chanceler. Destaca o detallismo excepcional na coroa da Virxe, e as luxosas  roupaxes dos protagonistas.
Unha galería de tres arcos de medio punto abre a un xardín que remata nunha muralla pola que asoman dous individuos ante unha cidade en medio dunha paisaxe chá (paisaxe de Flandes de baixo horizonte) atravesada por un río, que se perde nun fondo montañoso.


As obras de Van Eyck, “O matrimonio Arnolfini” e “A virxe do Chanceler Rolin” abre novos camiños á pintura xa que supón unha ruptura co mundo medieval poñendo as bases para o Renacemento
Olalla Vázquez, 2º BAC A

No hay comentarios:

Publicar un comentario