A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
martes, 14 de enero de 2014
Libro-estrela: "Os fillos do mar"
Trepidante novela de Pedro Feijoó que ten como escenario a ría de Vigo. O autor enlaza o presente, a historia dun proxecto de restauración dun pazo que se lle encarga ao rapaz protagonista; e o pasado, a historia do tesouro de Rande afundido na ría no século XVIII.
Aventura, misterio e persecucións na ría. Unha novela para todos os públicos.
Este mes "Os fillos de mar" é o libro de lectura do club de pais e nais "Lector@s da Ulloa". Boa lectura a todos.
Etiquetas:
animación á lectura,
aventuras,
club de lectura,
recomendacións
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario