martes, 13 de noviembre de 2012

Libro-estrela: "El clan del oso cavernario"




Este libro é o primeiro dunha saga que ata o momento consta de cinco volumes, "Los hijos de la Tierra". Unha obra que ben podería ser un tratado antropolóxico, unha forma de facernos visualizar a historia do inicio da humanidade, ese momento no que poderíamos dicir que xurde a nosa especie.
Vexmos un pouco do que vai o libro:
Ayla é unha nena Homo Sapiens de cinco anos que queda illada da súa tribo por culpa dun terremoto. É acollida por un grupo de neandertales, inferiores na orde evolutiva. Ayla é evidentemente distinta e convértese axiña nunha nena forte e independente, cun grande instinto de supervivencia, que cuestiona as normas que son de obrigado cumprimento e que ten unhas cualidades que provocarán o rexeitamento da sociedade coa que convive (O Clan) e mesmo chegará á súa expulsión e ter que vivir en soidade.
"El clan del oso cavernario" fíxome reflexionar sobre infinidade de temas: a evolución da humanidade, a importancia de pertencer a un grupo, a exclusión social, o valor da comunicación, a soidade, o concepto de beleza...

No hay comentarios:

Publicar un comentario