martes, 8 de noviembre de 2011

Mes da Ciencia. Curiosidades: Tycho Brahe



Tycho Brahe foi un dos grandes astrónomos da historia. Danés de nacemento, vivíu no século XVI e traballou xunto a Johannes Kepler en Praga. Tycho, cada noite, observaba o firmamento e chegou a situar con enorme precisión, como se comprobou despois, a posición de máis de 700 estrelas e unha supernova na era anterior ao telescopio. Deseñou e desenvolveu instrumentos de observación que se utilizaron máis tarde.

Cando era estudiante tivo un enfrentamento cun compañeiro, na disputa perdeu o seu nariz. El mesmo construiuse unha de metal (principalmente de prata) que levaría o resto da súa vida. Din que sempre levaba unha sustancia pegamentosa para suxeitar o nariz cada vez que este se desprendía, algo que pasaba moi a miúdo.

A súa morte foi repentina e misteriosa. Por iso ao longo dos séculos seguintes investigouse o seu cadáver para aclarar a súa morte. En 1996 confírmase que Tycho Brahe morreu por unha inxesta de mercurio. Algunhas fontes din que o autor do seu asasinato foi o gran científico Johannes Kepler con quen traballou e quen herdou todas as inestigacións astronómicas do gran Tycho Brahe. Curiosidades da historia...

No hay comentarios:

Publicar un comentario