martes, 11 de enero de 2011

Exposición na biblioteca: Lugares para soñar






Do día 10 ata o 17 de xaneiro,
podemos ver na biblioteca
os traballos feitos durante
o primeiro trimestre do
curso polos alumnos e
alumnas de 3º ESO A.
Estes traballos de xeografía forman parte do blog Antártida creado e moi ben cuidado por estes traballadores rapaces e rapazas de 3º. Na exposición contemplamos lugares cos que algunha vez soñamos e que desexamos ver polo menos unha vez nas nosas vidas. Entre estes lugares atopámonos a beleza das Illas Cíes, o exotismo de Seychelles, as praias paradisíacas de Hawai, o misterio de Pompeia e de Herculano, a impresionante panorámica desde o Everest (o teito do mundo), así como a xelidez de Islandia ou da Antártida. Disfrutade deses lugares e soñar...

No hay comentarios:

Publicar un comentario