viernes, 28 de enero de 2011

Clube de lectura: A pomba e o degolado


Como cada último xoves de cada mes, reuniuse o clube "Enrédate coa lectura I". Como en decembro estivemos tan ocupados coas avaliacións, a tarefa do clube en xaneiro foi dobre e lemos "A pomba e o degolado" de Fina Casalderrey e "El guardián entre el centeno".
"A pomba e o degolado" cóntanos a historia dun rapaz, Añadir imagenAndré, que sofre acoso no instituto. Ademáis, a súa vida familiar é bastante triste. A través do chat logra evadirse da súa situación persoal atopando a verdadeira amizade. O título do libro fai referencia aos nomes que os dous personaxes principais utilizan no chat: Pomba e Degolado. No clube comentouse, entre outras cousas, a cantidade de nomes de paxaros que aparecen na novela: pomba, cuco, pimpín, xílgaro, merlo, canario, pardal etc. Unha verdadeira lección de ornitoloxía. Ademáis tamén procurouse información sobre as referencias culturais que se citan na obra; desde John Silver, o pirata da novela de Stevenson, "A illa do tesouro", ata Allan Poe ou Isabel Allende, dous escritores que xa coñecemos bastante ben. Tamén hai referencias ó poeta Ángel González e ó cantautor Pedro Guerra.
Os rapaces do clube estiveron dacordo en que o libro era bastante triste, pero, como dixo a profesora Reme, é unha historia moi acorde coa realidade, que pode estar sucedendo en calquer lugar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario