viernes, 1 de octubre de 2010

Benvidos ao novo curso 2010/2011!
Este periodo escolar temos en mente novas actividades para dinamizar a Biblioteca do I.E.S. e fomentar a lectura, mais para que estás actividades funcionen, se repitan e se xurdan outras novas fainos falta algo esencial: a túa
colaboración.
Ca ilusión de que participades activamente coa Biblioteca do Instituto nacen novas seccións , como é o muro onde disporedes dun espazo para colgar adicatorias, poesías e pensamentos. Este espazo será físico é virtual, xa que tódalas semanas recollerei as mensaxes e publicareinas nunha entrada do blog, para que sexan imperecedeiras, se tendes fotografías ou debuxos para ilustrar o muro tamén serán publicadas.
Tamén inicio un pequeno concurso sobre a "Frase da semana"tódalas semanas a profesora de Plástica levará escrito no seu bolso unha frase dun persoaxe famoso, se adiviñades quen a dixo e sodes os primeiros en comunicarllo recibiredes un premio.
Seguimos a ter seccións fixas coma é O libro e o cadro estrela, onde recomendamos libros e cadros, esta sección esta aberta a todos os que querades participar. Se queredes recomendar libros e cadros e escribir porque vos gustou publicarase no blog da Biblioteca . Se recomendades 10 libros ao longo do curso e a recomendación está ben alaborada recibiredes un agasallo, ao final do curso.
Este curso tamén queremos facer un concurso de Trivial por cursos, e moitas sorpresas máis.
Esperando vervos pronto pola Biblioteca do Instituto, un saulo. A vacalora


No hay comentarios:

Publicar un comentario