jueves, 1 de febrero de 2018

LIBROS NO MES DE XANEIRO

Nos meses de decembro e xaneiro no club de lectura Lector@s da Ulloa léronse dúas novelas moi diferentes, unha en galego e outra en castelán.

O anxo negro, de Manuel Gago.


Trátase dunha novela de intriga que plantexa o tema do roubo de obras de arte relixiosa en Galicia. Está ambientada nos anos 80 na Costa da Morte fundamentalmente.
O autor amosa un gran coñecemento da cultura popular galega e consigue engaiolar ao lector nesa buca da roubada Santa Mariña.
Unha frase pode servir para caracterizar esta obra: "Co sentimento relixioso dos galegos non se xoga".





El silencio de la ciudad blanca, de Eva Gª Sáenz de Urturi

De novo se trata dunha novela de intriga que atrapa ao lector/a dende o primeiro momento. Está ambientada en Vitoria, onde se vai producindo unha serie de crímenes de tipo ritual.
Aínda que é unha novela negra "comercial", de lectura moi doada, mantén o interese gracias ao seu ritmo rápido, de thriller, e aos constantes cambios  na trama. 

ENCONTRO COA ESCRITORA LEDICIA COSTAS

O día 31 de xaneiro Ledicia Costas visitou o noso instituto e mantivo un coloquio co alumnado de 3º de ESO e do club de lectura. Os alumnos e alumnas puideron intercambiar impresións coa escritora sobre algúns dos seus libros, que leron recentemente.






A autora asinou exemplares dos rapaces e rapazas e tamén asinou no libro de firmas do instituto. 

A actividade foi organizada en colaboración polo departamento de lingua galega, o equipo da biblioteca e o equipo de dinamización lingüística.

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

O mércores 30 de xaneiro conmemorouse o Día da Paz no IES de Monterroso.
Realizouse unha árbore na que o alumnado colgou as mensaxes de paz que escribiron durante o recreo.
Ademais, o alumado de 1º ESO de Obradoiro de Música cantou No dudaría, de Antonio Flores e os rapaces e rapazas de 1º ESO A elaboraron uns murais, uns abecedarios da paz, que se poden admirar no vestíbulo do instituto.




jueves, 28 de diciembre de 2017

FALSOS MITOS DO AMOR ROMÁNTICO

   Con motivo da conmemoración do Día internacional contra a violencia de xénero, o alumnado de Educación Plástica realizou uns traballos para concienciar aos seus compañeiros e compañeiras sobre a necesidade de acabar con este tipo de violencia e cos falsos mitos sobre o amor romántico que aínda están vixentes hoxe en día.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2017

   O pasado 21 de decembro entregáronse os premios do concurso de postais de Nadal. Na categoría de 1º/2º ESO gañaron Lucía Vázquez e Natalia Fernández, de 1º e na categoría de 3º/4º ESO gañaron Raquel Fernández e Aldara Gontá, de 3º.